I Conferencia internacional de investigación en linguas.
????️ 20 e 21 de novembro de 2025.
ℹ️ https://ilingua.uvigo.gal/gl/ciil25/
???? Presencial. En Vigo.
???? Comunicacións, pósteres e plenarias
???? ENVÍO DE RESUMOS: As propostas de resumos e pósteres, escritas en calquera idioma, deben ter unha lonxitude máxima de 300 palabras . Deberán enviarse mediante este formulario [https://forms.gle/2eNns2Fjdh9G9Uod6]. Os resumos deben incluír a seguinte información: título da comunicación ou póster, nome(s) do autor/a e afiliación académica, correo electrónico, resumo de 300 palabras debe indicar explicitamente o seguinte: introdución ao tema, preguntas de investigación / reflexións teóricas / obxectivos, marco teórico, metodoloxía de investigación, principais resultados e conclusións. Tamén se pode incluír un número moi limitado de referencias bibliográficas esenciais.
O Instituto Lingua publicará unha selección das conferencias, comunicacións e pósteres.
????TEMAS DO CONGRESO
Consideraranse propostas que se axusten ás liñas de investigación do Instituto Lingua, organizador do CIIL25 (lingüística interna e variación lingüística; sociedade, ideoloxía e política lingüística; linguas, cognición e educación; tradución e interpretación; lingua e literatura; lingua e accesibilidade; humanidades dixitais) e/ou ás seguintes áreas temáticas específicas do evento:
– A IA como reto para a investigación en filoloxía, lingüística e tradución e interpretación.
– A accesibilidade como un dereito da cidadanía.
– Linguaxe sinxela no contexto administrativo e xurídico.
– Oportunidades de investigación nas humanidades dixitais.
– As linguas de signos e as súas achegas á investigación lingüística.
– Reflexións sobre as edicións críticas de textos.
– Estudos queer en tradución e lingüística.
– Contacto lingüístico e sociolingüística.
– Linguas indíxenas e diversidade lingüística.
– Lingüística aplicada (computacional, forense, clínica).
– Estudos de tradución e novas abordaxes de investigación.
– Xestión de centros de investigación universitarios en linguas, literatura e tradución.
– Xestión de revistas científicas universitarias
