A actividade, organizada e dirixida por José Montero Reguera, catedrático de literatura española da Universidade de Vigo, en colaboración con Dª. Alba Martínez Fernández, estudante predoutoral da mesma Universidade (Programa de Doutoramento Interuniversitario Estudos Literarios), consistirá en catro sesións de conversas (maio, outubro) que terán lugar no edificio Redeiras a cargo de recoñecidas/os expertas/os no tema do ciclo e da exposición de acordo co seguinte programa xeral:
- 13 de maio. De Madame Bovary (Gustave Flaubert) a La Regenta (Clarín), a cargo de Patricia Martínez García (catedrática de literatura francesa da Universidade Autónoma de Madrid) e Fernando Romo Feito (profesor titular [xubilado] de teoría de la literatura, UVigo)
- 27 de maio. As quixotas de Galdós, a cargo de Dolores Troncoso Durán (catedrática de literatura española [xubilada] da UVigo) e José Montero Reguera (catedrático de literatura española, UVigo).
- Setembro. As quixotas de Emilia Pardo Bazán, a cargo de Montserrat Ribao Pereira (catedrática de literatura española da UVigo) e José Montero Reguera (catedrático de literatura española, UVigo).
- Outubro. Unha viaxe sin fin, aproximación á quixota de Monique Wittig, a cargo de Beatriz Suárez Briones (profesora titular de teoría da literatura, UVigo) e María Jesús Fariña Busto (profesora titular de literatura española [xubilada] da UVigo)

