Publicacións serie Lingua

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2025) Glotosemiótica. Integración del signo lingüístico de F. de Saussure en la semiótica de Ch. S. Peirce . Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.

https://doi.org/10.35869/1188.794

Vista previa

Esta serie de publicacións científicas nace para dar difusión a investigacións relacionadas coa lingüística e as linguas, nomeadamente as relacionadas coas liñas temáticas do Instituto Lingua. Ofrécese como unha oportunidade para probar camiños novos e tamén para transitar e retransitar os vellos, os clásicos, os de sempre. Que o primeiro volume sexa Glotosemiótica ten un aquel de encontro feliz nunha encrucillada sempre intrigante e reveladora: a natureza dos símbolos, a explicación de como funciona a materia coa que construímos a linguaxe. Este libro só pode ser froito da ousadía, o talento e a profundidade analítica de Juan Carlos Moreno Cabrera, que nel fai converxer dúas tradicións que non se tiveron por afíns ou concorrentes: a semioloxía de Ferdinand de Saussure e a semiótica de Charles S. Peirce. Só a tarefa de revisar e achegar os escritos de Peirce fai xa útil o seu traballo, pero ademais faino cunha ambición que busca integrar tamén as linguas de sinais e mais a escrita nunha explicación integradora e audaz, que abarca diferentes aspectos da lingüística dentro desa perspectiva ampla da semiótica. Nesta obra crúzanse moitísimos escritos, tradicións e exemplos, proba da enorme erudición do autor. Será sen dúbida un primeiro fito que inspirará outros no futuro, aos que daremos acubillo na serie Lingua.

María del Carmen Cabeza Pereiro

Delegada de publicacións