Aqueles membros do Instituto que desexen acoller a visita de persoal investigador deben pedirlle que complete o seguiente formulario e seleccionar o iLingua como lugar de visita para que podamos asignarlle un lugar de traballo:
Posteriormente, recibirá a carta de invitación da universidade acorde ás súas circunstancias. A quen veña como estudante de doutoramento, vanlle pedir, ademais, que se matricule en algúns cursos en función ao tempo que se queden.
Para máis información https://www.uvigo.gal/es/ven-uvigo/personal-investigador-visitante/antes-llegar#01 ou posgrao@uvigo.gal

María Hortensia Blanco García
Universidade Federal da Paraíba (Brasil)
Profesora do Departamento de Letras Estrangeiras e Modernas da Universidade Federal da Paraíba (Brasil). Doutora en Didácticas Específicas pola Universitat de València (UV). As súas liñas de investigación céntranse na didáctica da lingua e a literatura para a formación de profesores de E/LE e no ensino de español como lingua de herdanza. Actualmente realiza unha estancia (de setembro de 2025 a xullo de 2026) como profesora/investigadora visitante no Instituto de Investigación Lingua (iLingua), onde desenvolve actividades de investigación sobre linguas de herdanza en contextos migratorios, baixo a supervisión da Profa. Dra. María del Carmen Méndez Santos.