Eventos

Convocatoria 2026 de cofinanciamento de eventos

O Instituto de Investigación Lingua (iLingua) da Universidade de Vigo publica a súa convocatoria anual para o cofinanciamento de eventos académicos e científicos (de investigación, divulgación, transferencia) organizados polo seu persoal investigador e celebrados antes do 10 de novembro do ano natural en curso.

Dadas as restricións orzamentarias de iLingua, cada solicitude non pode superar os 500 euros. A modo de orientación, nas convocatorias anteriores a cantidade asignada a cada solicitude seleccionada non superou os 300 euros.

As solicitudes serán avaliadas polo comité científico do Instituto.

Naquelas solicitudes que reciban financiamento do iLingua, a persoa solicitante comprométese a incluír o símbolo do iLingua en toda a documentación e carteis do evento e a promocionalo tamén a través do sitio web, a lista de correo e as redes sociais do iLingua.

As solicitudes deben presentarse a través deste formulario antes do 30 de xaneiro de 2026 .