Gobernanza

A estrutura de goberno do iLingua está determinada pola súa condición de Instituto Universitario de Investigación propio, é dicir, creado e xestionado pola Universidade de Vigo a través do seu Regulamento para a creación e xestión dos Institutos de Investigación, aprobado o 17 de decembro de 2021.

A estrutura básica operativa, definida co obxectivo de dotar o iLingua de mecanismos de dirección executiva e autonomía de xestión, inclúe:

– director/a

– secretario/a

– a xunta directiva

– a comisión científica

– o consello asesor externo