Co obxectivo de que o iLingua acade un impacto significativo na sociedade e se converta nun referente nacional e internacional, materializando unha axenda científica que facilite o acceso a fontes de financiamento competitivo, establécese un plan estratéxico articulado arredor dos seguintes elementos:
Motivación
– Compartir unha visión e estratexia comúns para aproveitar a capacidade e o prestixio actuais da lingüística na UVigo, creando unha entidade de I+D+i sostible e con impacto académico, social e económico relevante no seu ámbito xeográfico.
– Integrar as capacidades científicas e tecnolóxicas máis competitivas dos grupos, aliñadas cos retos globais establecidos nos Programas Marco europeos (Horizon Europe), a Estratexia Estatal de Innovación e a RIS3 de Galicia.
– Rentabilizar a experiencia organizativa e colaborativa dos grupos e o seu impacto, garantindo a eficiencia nos procesos de transferencia e a conversión dos avances na axenda científica común en impacto social e económico.
Misión
A misión do iLingua é promover e realizar investigación lingüística de primeiro nivel, ofrecendo infraestruturas científicas que favorezan os avances de vangarda e desenvolvendo investigación transnacional de excelencia, coa visión de:
– Acadar recoñecemento internacional como centro líder en investigación e innovación científica e tecnolóxica no ámbito da lingüística, promovendo a multidisciplinariedade e atraendo talento.
– Contribuír ao benestar social mediante a aplicación do coñecemento e da tecnoloxía xerados pola investigación.
– Reforzar as sinerxías entre a investigación básica e a aplicada, promovendo a excelencia e a innovación no campo da lingüística.
Activos
– Excelencia: Centrada na investigación, innovación, formación e titoría, sustentada nunha xestión eficiente e nunha gobernanza sólida.
– Contorna atractiva: Capaz de favorecer carreiras científicas competitivas, atraer e reter talento, e proporcionar unha formación profesionalizante para a mocidade investigadora.
– Cultura colaborativa: Internamente, entre grupos de investigación, e externamente, con socios académicos, industriais e sociais a nivel galego, estatal e internacional.
– Capacidade de impacto: Con foco na aplicación innovadora da lingüística para resolver desafíos industriais e sociais e na capacitación de profesionais especializados.
– Estratexia de transferencia: Para proporcionar á industria galega e estatal unha vantaxe competitiva sostible mediante o acceso á tecnoloxía habilitadora de referencia.
– Avaliación continuada: Compromiso ético e rendición de contas como principios reitores.
Valores (aliñados coa European Charter for Researchers)
– Liberdade académica, que favoreza a xeración de ideas novidosas e expanda as fronteiras do coñecemento científico.
– Excelencia, apoiando a iniciativa, a experiencia e a orientación cara á investigación, formación e gobernanza de calidade.
– Igualdade de oportunidades e trato, promovendo a diversidade, a equidade e o apoio ás vocacións femininas.
– Orientación aos retos globais, contribuíndo ao benestar social a través da investigación.
– Colaboración, tanto interna entre membros do Instituto como externa con entidades académicas, industriais e sociais.
– Ética e rendición de contas, mediante un código de boas prácticas e unha actitude profesional responsable.
– Compromiso coa ciencia aberta, promovendo o acceso libre ás publicacións, datos e código.
O iLingua comparte tamén o compromiso coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) máis directamente vinculados á súa actividade:
– ODS 4 (Educación de calidade): A través de programas para captar talento e actividades de comunicación e divulgación científica, fomentando o acceso igualitario á ciencia.
– ODS 5 (Igualdade de xénero): Promovendo medidas para acadar unha igualdade efectiva, tanto a nivel interno como nas accións derivadas da súa actividade.
– ODS 8 (Traballo decente e crecemento económico): Apostando pola transferencia á sociedade, a colaboración con empresas e institucións, e a captación de recursos humanos nas mellores condicións laborais posibles.
Perspectivas clave
Estratexia 1: Axenda científica orientada e especializada
Establecemento dunha axenda común de investigación que promova a multidisciplinariedade, a colaboración interinstitucional e o fortalecemento de vínculos co sector industrial para potenciar a excelencia científica e a capacidade de transferencia.
Estratexia 2: Talento
Fomento da incorporación e retención de talento investigador como elemento clave para incrementar a competitividade e lograr financiamento competitivo.
Estratexia 3: Proxección internacional
Avanzar na internacionalización mediante:
– Incentivo ás colaboracións con centros de referencia, redes e proxectos internacionais.
– Incremento da presenza en foros e eventos científicos internacionais.
– Promoción da mobilidade de persoal investigador en formación e sénior.
– Mellora na participación en proxectos do Horizon Europe.
Estratexia 4: Impacto económico e social
Resposta eficaz aos retos recollidos nas axendas galega, estatal e internacional de investigación e innovación.
Estratexia 5: Gobernanza
Un liderado sólido e unha coordinación eficaz serán claves para mellorar a xestión da actividade investigadora. O funcionamento do Instituto estará suxeito a avaliacións periódicas, externas e independentes, que permitan recompensar o bo rendemento.
Eixes estratéxicos e obxectivos
E1. Cultura — OE1. Crear cultura de centro
E2. Gobernanza, organización e xestión — OE2. Poñer en funcionamento e organizar iLingua
E3. Investigación — OE3. Desenvolver ciencia de excelencia multidisciplinar e competitiva
E4. Recursos humanos — OE4. Apoiar o desenvolvemento profesional de profesionais competentes
E5. Formación — OE5. Contribuír a crear as novas xeracións de científicos/as en lingüística e as súas aplicacións
E6. Innovación e transferencia — OE6. Resolver retos sociais
E7. Divulgación da ciencia — OE7. Incluír a sociedade nos avances científicos