– investigadores/as vinculados/as: persoal docente e investigador doutor vinculado a tempo completo á UVigo e/ou investigadores/as doutores/as doutras institucións adscritos á UVigo mediante acordos institucionais que recoñezan a súa relación formal co Instituto
– investigadores/as non permanentes: persoal investigador contratado específicamente con cargo a programas ou proxectos de investigación, de acordo co marco laboral e normativo aplicable
– investigadores/as en formación: persoal investigador matriculado nalgún programa de doutoramento da UVigo que conte coa dirección ou codirección dun/ha investigador/a vinculado/a ao Instituto
– persoal de administración e servizos: persoal pertenecente á plantilla da UVigo ou contratado para programas específicos de investigación
– investigadores/as garantes: Para garantizar a solvencia científica do iLingua, o Regulamento para a creación e xestión dos Institutos de Investigación da UVigo establece a figura do/a investigador/a garante como persoal investigador con vinculación permanente e a tempo completo na UVigo que, cumplindo os criterios de excelencia e competencia científica, avala e garantiza o desenvolvemento do programa e dos obxectivos definidos para o Instituto na súa constitución:
- Xosé Henrique Costas González
- José María García-Miguel Gallego
- José Montero Reguera
- Javier Pérez Guerra
- Pablo Romero Fresco
- Elena Sánchez Trigo
- Elena Seoane Posse
- Nuria Yáñez Bouza
O iLingua poderá contar con investigadores/as colaboradores/as, é dicir, persoal investigador non incluido nos apartados anteriores que colabore nalgún proxecto ou programa do Instituto.