O iLingua conta con espazo propio de traballo multidisciplinar, investigación e administración na Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo (aproximadamente 120 m2), cunha rede de comunicacións e equipamento informático que permite o traballo de investigadores/as en formación, posdoutorais e visitantes, así como a celebración de reunións de traballo, seminarios e obradoiros de investigación. As persoas usuarias deberán ser dadas de alta previamente polo persoal investigador vinculado ao iLingua, mediante o formulario Rexistro de usuarios de iLINGUA: cubra o formulario . Os usuarios xa rexistrados a través deste formulario non precisan rexistrarse de novo. As persoas rexistradas recollerán as chaves da Sala 9 (2.º andar, Pavillón Newton) na conserxería da FFT. As normas de uso están dispoñibles en https://ilingua.uvigo.gal/gl/normativa-sala9/ . Ademáis, conta cun sert de autogravación para vídeos curtos e podcasts para que calquera membro poida gravar de forma independente unha peza de vídeo e/ou audio para a docencia ou a investigación, utilizando o equipo (croma, cámara, iluminación, micros) e o software dispoñibles.
A localización do iLingua no pavillón Newton da FFT tamén permite o acceso ás dependencias do Laboratorio de Linguaxe e Cognición. Este Laboratorio ten equipamento de última xeración para a exploración neurocognitiva (encefalógrafo, espectroscopía por infravermello cercano, dous sistemas de eyetracker), así como cámara insonorizada. No que respecta ao software e aos materiais electrónicos, o iLingua dispón de recursos externos e internos que inclúen dicionarios, editores XML, programas para o tratamento de datos, corpus multilingües e bases de datos lingüísticas, tanto de creación propia como adquiridas.
