Normativa de uso dos postos informáticos

v1

O Instituto de investigación Lingua (iLingua) pon ao dispor do alumnado de mestrado, doutoramento, persoal investigador postdoutoral, visitante e persoal docente espazos de traballo colectivos na súa sede na Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT), pavillón Newton, 2º andar, sala 9. A sala 9 conta con 15 postos de traballo individual, 12 de eles equipados con ordenadores de sobremesa conectados á rede da UVigo mediante protocolo Ethernet. Neste espazo as persoas usuarias poden empregar ordenadores portátiles ou tabletas e establecer conexións coa rede wifi da UVigo, para o que é necesario dispor de contas uvigo.galuvigo.es ou compatibles con Eduroam.

Acceso

As persoas usuarias deberán ser dadas de alta previamente polo persoal investigador vinculado ao iLingua mediante o formulario.

Recollerán as chaves da sala na conserxería da FFT.

Uso

·    O uso dos postos terá fins exclusivamente académicos. O uso para calquera outro fin (ocio, comercial, delituoso, etc.) poderá ocasionar a perda temporal ou permanente do dereito de uso, ademais das sancións sobre o/a usuario/a ou usuarios/as que teña prevista a lexislación vixente. As persoas usuarias son responsables da correcta utilización dos programas e equipos informáticos (evitando o uso incorrecto do material, a reprodución e instalación de copias ilícitas, etc.). En todo momento, deberase respectar e utilizar as instalacións seguindo estas normas, as da FFT así como as normas xerais da Universidade.

·     As persoas usuarias poderán empregar os seus dispositivos USB, coa condición de que comproben a non infección de virus ao inicio e final da sesión de traballo.

·    Nos postos informáticos de sobremesa, as persoas usuarias empregarán o perfil ‘ilingua’, o cal dará acceso a un cartafol específico no disco duro local. Evitarase gravar documentos no disco local, polo que se recomenda o emprego de espazos na nube (por exemplo, Microsoft Office365 e/ou OneDrive, asociados ás contas uvigo.gal). Xa que os postos informáticos son equipamento público de uso compartido e temporal, sen expectativa de privacidade, os elementos gravados na carpeta do perfil ‘Usuario’ serán eliminados periodicamente.

·  A instalación de software nos equipos de sobremesa non está permitida. Pode solicitarse a instalación de software a través do correo ilingua@uvigo.gal, indicando o número do posto informático.

·    O uso de medios materiais e soportes complementarios nos espazos do iLingua está suxeito ás directrices que sexan de aplicación noutras áreas da UVigo.

·    Se se detecta algún caso de mal uso intencionado, ausencia de software ofimático etc., a persoa usuaria deberá comunicalo coa maior brevidade posible ao iLingua.

Impresión

Como norma xeral, deberá facerse un uso racional, eficiente e considerado da impresión de documentos.

Procedemento sancionador

A dirección e maila Xunta directiva do iLingua acordarán as sancións que correspondan ante incumprimentos desta normativa.

A dirección do iLingua poderá acordar a suspensión de calquera dos servizos mencionados por dificultades técnicas, de espazo ou de dispoñibilidade de persoal.