Reunións coas candidaturas

Na semana do 6 de abril, previa ao inicio da campaña electoral, o iLingua convidou as tres persoas candidatas a reitor/a da UVigo, Carmen García, Jacobo Porteiro e Belén Rubio, a manter charlas virtuais, nas que o director do iLingua lles transmitiu as necesidades do Instituto e lles preguntou sobre o seu posicionamento cara a este. En concreto, falaron do lugar que deben ocupar os Institutos na estrutura de unidades de investigación na UVigo, o financiamentoe persoal destes e o recoñecemento do labor de xestión no cómputo da dedicación do persoal.