13º Congreso Internacional de Lingüística Misioneira: Chamada de contribucións para a Salvagarda do Patrimonio Lingüístico e Cultural Mundial

Entre o 31 de marzo e o 3 de abril de 2027 terá lugar o 13º Congreso Internacional de Lingüística Misioneira: Chamada de contribucións para a Salvagarda do Patrimonio Lingüístico e Cultural Mundial, organizado conxuntamente polo Instituto de investigación Lingua da Universidade de Vigo e polo Centro de Estudos en Letras (CEL), con sede na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, en Vila Real.

Este congreso dá continuidade a unha longa tradición de doce encontros internacionais dedicados ao estudo da lingüística misioneira, unha serie creada e coorganizada de maneira continuada por Otto Zwartjes. As edicións anteriores celebráronse en Oslo (Noruega, 2003), São Paulo (Brasil, 2004), Macau/Hong Kong (China, 2005), Valladolid (España, 2006), Mérida (México, 2007), Toquio (Xapón, 2010), Bremen (Alemaña, 2012), Lima (Perú, 2014), Manila (Filipinas, 2016), Roma (Italia, 2018), La Pampa, Santa Rosa (Arxentina, 2020) e Hsinchu (Taiwán, 2025). Como nas edicións anteriores, acéptanse investigacións que abranguen unha ampla variedade de rexións, tradicións descritivas e períodos históricos.

Situada na confluencia da historiografía da lingüística, da lingüística histórica e da sociolingüística histórica, a lingüística misioneira procura comprender como – e con que obxectivos – os misioneiros occidentais documentaron e analizaron linguas ata entón descoñecidas en contextos asiáticos, americanos e africanos. As fontes primarias particularmente relevantes inclúen gramáticas, dicionarios, manuais de ensino, catecismos e traducións relixiosas a linguas locais, que frecuentemente constitúen as primeiras codificacións escritas desas linguas.

A edición de 2027, baixo o lema ‘Contribucións para a salvagarda do patrimonio lingüístico e cultural mundial’, pretende fomentar o debate sobre a relevancia científica, política e ética contemporánea dos materiais misioneiros, así como reflexionar sobre o modo en que estes contribúen á comprensión e preservación do patrimonio lingüístico global. Aceptaranse propostas que analicen as tradicións descritivas misioneiras, os contextos de produción e a circulación das obras metalingüísticas, a súa materialidade, os modelos gramaticais e lexicográficos, as relacións entre misioneiros e comunidades locais, e mailos os procesos de tradución e as dinámicas interculturais resultantes destes encontros.

Serán tamén moi ben acollidas contribucións que exploren metodoloxías das humanidades dixitais, prácticas de preservación, edición e catalogación de coleccións históricas, así como enfoques críticos ou decoloniais do legado misioneiro, especialmente cando se relacionen cos debates actuais sobre xustiza lingüística e diversidade cultural, incluíndo iniciativas internacionais que promoven o recoñecemento da diversidade lingüística como fundamento para sociedades máis xustas e sostibles.

El congreso anima de manera especial la participación de jóvenes investigadores, con el fin de promover la renovación del campo y fortalecer las redes académicas internacionales que han sostenido el crecimiento y la consolidación de los estudios de Lingüística Misionera.

https://icml-xiii.utad.pt/abstract-submission