Xulia Sánchez-Rodríguez é graduada en Tradución e Interpretación (2021) pola Universidade de Vigo, onde obtivo tamén o Mestrado en Estudios Ingleses Avanzados con especialización en Lingüística (2023). Actualmente desenvolve a súa investigación predoutoral financiada por unha bolsa FPI no marco do proxecto ‘AgreeInDiatopy: Subject-predicate agreement and linguistic complexity in English diatopy’ (supervisión: Dra. Yolanda Fernández-Pena e Dr. Javier Pérez-Guerra). O seu traballo céntrase na variación diatópica do inglés, analizando a concordancia suxeito-predicado mediante técnicas de big data e lingüística de corpus. Durante os seus estudos participou no programa Ersmus+ na Université Rennes 2 (2017-2018) e realizou estadías de investigación na Universidade de Freiburg (2023) baixo a supervisión da Dra. Lotte Sommerer e na Universidade de Helsinki (2024) baixo a supervisión da Dra. Tanja Säily. Tamén traballou como investigadora en lingüística computacional no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) (2023-2024) da Universidade de Santiago de Compostela baixo a supervisión do Dr. Marcos Garcia.