Tamara Varela Vila é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo (2007) e posúe un máster en Lexicoloxía e Terminoloxía Multilingües-Tradución pola Université Lumière Lyon 2 (2008). Obtivo o título de doutora (2015) na Universidade de Vigo cunha tese centrada no uso das ontoloxías para a xestión terminolóxica multilingüe.
Na actualidade, é profesora axudante doutora no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, onde imparte docencia no grao de Tradución e Interpretación desde 2011. A súa traxectoria combina a docencia universitaria cunha ampla experiencia profesional como tradutora especializada no ámbito biomédico.
A súa investigación céntrase na tradución biomédica e na xestión terminolóxica multilingüe no campo da saúde, con especial atención ás enfermidades raras. Ademais, participou na creación do portal multilingüe de recursos sobre enfermidades raras RERCOR e da base de coñecemento terminolóxico ONTERMET, orientados á tradución especializada e á investigación. Desde 2015, forma parte do comité de redacción da revista Panace@, dedicada á tradución biomédica. Actualmente forma parte do grupo Galician Observatory for Media Accessibility (GALMA).