Rubén Nogueira Fos é Licenciado en Filoloxía Hispánica pola UVIGO e especialista no ensino de español como segunda lingua pola Universidade Autónoma de Madrid. Foi na Universidade de Vigo onde fomentaron e onde comezou a súa paixón polas linguas de signos. Participou en publicacións de diversos materiais didácticos para ensinar e aprender lingua de signos española. Foi director académico da Biblioteca de Signos, un portal web da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, onde todos os contidos, lingüísticos e literarios, son presentados en lingua de signos. Tamén coordinou o programa educativo bilingüe ABC, na Rexión do Murcia, un programa pioneiro que ofrece un completo acceso á educación bilingüe en Secundaria para o alumnado xordo. Foi profesor asociado na Universidade de Alacant e na Universidade de Murcia. No eido da investigación sigue desenvolvendo unha tese doutoral sobre a evolución e o cambio lingüístico na lingua de signos española. Dende hai uns anos é profesor de Lingua Castelá e Literatura no Ensino Secundario, con destino definitivo no CPI Cova Terreña, en Baiona.