Ricardo J. Pavón Téllez é doutorando na Universidade de Vigo e se graduou en Estudos Ingleses (2015) polas Universidades de Granada e Nottingham. No ano 2021 completou un Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria e Ensino de Linguas na Universidade de Vigo, cun traballo de fin de máster titulado “A adquisición de segundas linguas antes e durante a pandemia: gamificación na aula tradicional e virtual” (tutora: Carla Bouzada-Jabois, Universidade de Vigo). Esta disertación de máster fai unha comparación entre a situación previa e posterior á pandemia en termos metodolóxicos, co obxectivo de esclarecer se a aparición da pandemia no ano 2020 supuxo ou non un cambio significativo na metodoloxía e nos recursos dispoñibles para o profesorado. A súa tese de doutoramento trata sobre a variabilidade na complementación oracional do verbo forget nos Englishes do mundo, baixo a dirección de Elena Seoane.