Doutor e gañador do Premio Extraordinario de Doutoramento pola Universidade de Vigo. Actualmente, é profesor de Tradución e Interpretación e membro titular do Grupo de Investigación Tradución & Paratradución (T&P) na mesma institución, onde desenvolve a súa labor investigadora en torno a catro liñas principais: o estudo da historia da tradución e da interpretación durante a conquista e colonización españolas, a tradución do movimento global do hip-hop como expresión artística e cultural, a (para)tradución dos fascismos e do Holocausto e a localización de videoxogos. É, asimesmo, ideador e director do curso de Especialización en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV). No ámbito académico, imparte docencia nos niveis de grao, posgrao e doutorado. É coordinador do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI), recoñecido como Mestrado Excelente pola Xunta de Galicia, e membro da rede European Master’s in Translation (EMT), acreditada pola Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea. Ademáis, é profesor numerario de francés en educación secundaria da comunidade galega, actualmente en excedencia.