Son profesor titular no Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá na Universidade de Vigo dende o ano 2003, onde dende hai anos imparto docencia de literatura norteamericana e de análise de textos a nivel de grao e materias sobre métodos de investigación e diversidade cultural a nivel de mestrado. Os meus intereses docentes e investigadores céntranse na literatura e a cultura norteamericanas, cunha especialización concreta na ficción xudía norteamericana, as negociacións textuais e culturais, as representacións das identidades étnicas e culturais, e os diversos xéneros textuais que emanan do Holocausto como acontecemento histórico. Son membro do grupo de investigación da Universidade de Vigo NETEC (Negociacións Textuais e Culturais no ámbito Anglófono) dende as súas orixes. Teño publicados numerosos artigos e capítulos de libro sobre a obra de Gary Shteyngart, Art Spiegelman, Saul Bellow, Bernard Malamud, Henry Roth, Edward Dahlberg, Clifford Odets, Edgar Allan Poe, así como recensións no ámbito dos estudos de tradución relativos ao Holocausto. Dende o curso 2019/2020 son coordinador para a Universidade de Vigo do Mestrado Interuniversitario en Estudos Ingleses Avanzados e as Súas Aplicacións. Na actualidade, formo parte da junta directiva de SAAS (Spanish Association for American Studies) en calidade de Vocal 2º dende o ano 2023.