María Lourdes Lorenzo García

Profesora titular do Dpto. de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo e doutora europea en Tradución (1999). Desde a súa fundación en 1999, forma parte da xunta directiva de ANILIJ (Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil). A súa investigación céntrase en tradución de literatura infantil e xuvenil, en tradución audiovisual e en accesibilidade a produtos audiovisuais (subtitulación para persoas xordas, audiodescrición para persoas cegas e adaptacións en Lectura Fácil para persoas con discapacidade cognitiva).

Publicou máis de 100 traballos de investigación en libros e en revistas especializadas, é coeditora de AILIJ e participou (investigadora principal ou membro do equipo) en 23 proxectos de investigación con financiamento autonómico, nacional ou europeo. Forma parte do grupo de investigación “TALES, Translation, Accessibility, Literature & Screen” (selo de “excelencia” 2006) e ten 6 tramos consolidados de excelencia curricular (Xunta de Galicia). É colaboradora do Observatorio Galego da Accesibilidade (GALMA) e asesora externa do EST Young Scholar Committee da European Society for Translation.

É avaliadora de artigos en varias revistas especializadas (META, Translation & Interpreting, Monti, Sendebar, Trans, Communication & Society, Malasartes, Perspectives, Revista Española de Discapacidade (REDIS), inTRAlinea, Boletín Galego de Literatura, ELOS, Journal of Audiovisual Translation…) e para varias editoriais (Peter Lang, Universitat Jaume I…).

Membro do Banco de Expertos da Axencia Estatal de Investigación (Programa AVALÍA). Membro da Comisión Avaliadora en 31 teses de doutoramento, do comité científico de varios congresos, do comité técnico 153 de Axudas á Comunicación (Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información; norma UNE 153010 Subtitulado para persoas xordas), do comité técnico JC1 ISO SC35 (norma UNE 153020 Audiodescripción para persoas cegas) e vogal da rede de expertos de AENOR (normas UNE) CTN-UNE 153/SC 5 “Axudas á comunicación”.