Licenciado e Doutor en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica [Francés]) pola Universidad de Zaragoza, José Yuste Frías é Profesor Titular de Universidade no Departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución de la Universidade de Vigo.
É o Investigador Principal (IP) do Grupo de Investigación Tradución & Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo que dirixe, xestiona e coordina o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional [MTCI] (MÁSTER UNIVESITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA e EUROPEAN MASTER’S IN TRANSLATION), o Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo [ETIV] e o Programa de Doutoramento Internacional en Tradución & Paratradución [T&P] da UVigo onde José Yuste Frías ten dirixidas sete teses de doutoramento ata a data de hoxe.
Todas as súas actividades profesionais, docentes e investigadoras poden consultarse nas diferentes seccións da web Yuste-it, a web profesional, docente e investigadora de José Yuste Frías activa desde 2005 que permite o acceso libre á as súas máis de 125 publicacións científicas entre libros, capítulos de libro, artigos en revistas de tradución de prestixio e entradas tanto no seu blog de investigación en español (Blog de Yuste. On y sème à tout vent) como no seu blog de investigación en francés (Sur les seuils du traduire. Un carnet de recherche sur la traduction et la paratraduction). Dentro da posta en práctica dunha auténtica política de transferencia do coñecemento, José Yuste Frías é tamén o creador e director de 3 programas de Web-TV dedicados á divulgación científica da tradución: Zig-Zag, EXIT y Píldoras T&P.
Especialista do símbolo e da imaxe en tradución, o seus campos de investigación en tradución profesional son a tradución publicitaria e a transcreación así como a tradución (directa e inversa) de videoxogos, cómics, libros infantís, libros de arte e textos turísticos. Anos de experiencia no estudo da ortotipografía comparada para traducir cultivaron o seu especial interese pola posedición, a revisión e a corrección de textos traducidos no mercado profesional.
Teórico da tradución, a súas investigacións sobre a suma importancia da paratextualidade na era dixital da tradución levárono a publicar pioneiras reflexións teóricas, didácticas e profesionais tanto sobre os aspectos paratextuais na edición final das traducións como sobre o ético espazo liminar que ocupa, sempre, todo profesional da tradución e da interpretación, iniciando, na teoría da tradución, a corrente traductolóxica da Escola de Vigo coa creación da noción de paratradución. Desde a súa creación en 2005, o impacto internacional alcanzado polo termo traductolóxico da paratradución foi moito más que considerable xa que foi traducido a 17 linguas (español, galego, catalán, portugués, italiano, francés, inglés, alemán, chino, lituano, polaco, ruso, grego, turco, romanés, persa e árabe) en publicacións científicas internacionais. En 2022 a prestixiosa revista canadiense de excelencia A+ Meta. Journal des traducteurs. Translators’ Journal editó todo un número dedicado á noción de paratraducción dirixido por José Yuste Frías.