A miña investigación céntrase no estudo das alternancias estilísticas e léxicas na tradución a linguas modernas (castelán/galego) de textos ingleses antiguos. Entendo a tradución tanto na súa vertiente textual (de texto a texto) como na súa forma visual (de texto a imaxe, sexa cinema ou novela gráfica, por mencionar dúas formas de expresión). Sempre me interesou o estudo dos procesos de tradución do contido cultural dunhas linguas a outras, partindo da base dunha revisión filolóxica do texto de partida. En tempos recentes, ampliei o meu interés ao estudo da tradución sincrónica de textos poeticos contemporáneos baseados en textos medievais, o que se define como tradución filolóxica mediatizada: textos medievais ingleses traducidos filoloxicamente por especialistas ao inglés contemporáneo que son vertidos ao castelán por un investigador coñecedor dos textos orixinais.