Helena Cordeiro Martínez

Helena Cordeiro Martínez é licenciada en Tradución e Interpretación e posúe un mestrado en Tradución Multimedia, ambas titulacións da Universidade de Vigo. Na actualidade, é doutoranda no programa de Comunicación, ao tempo que exerce de profesora interina no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo. Pertence ao grupo de investigación Literatura Infantil e Xuvenil Angloxermana e a súa Tradución. A súa liña de investigación é a tradución audiovisual e a súa investigación doutoral céntrase no subtitulado ao inglés de termos malsoantes presentes en producións españolas.