Elena Sánchez Trigo

Elena Sánchez Trigo é catedrática de Tradución e Interpretación no Departamento de Tradución e Lingüística na Uvigo (2003). Conta con 6 sexenios da CNEAI: 5 investigación e 1 transferencia. Na actualidade, as súas liñas de traballo céntranse na creación de recursos multilingües baseados en corpus, terminoloxía, análise de convencións textuais e aspectos teóricos e profesionais da tradución. Dirixiu e participou en numerosos proxectos de I+D+i de convocatorias competitivas, así como en diferentes redes temáticas autonómicas (como Rede de Lingüística de corpus, Rede de Recursos Lingüísticos para a Sociedade do Coñecemento ou E-Learning) e europeas (como TRAMICTEK). Coordinou o grupo de investigación COLE, que obtivo o recoñecemento autonómico de Grupo de Referencia Competitiva. Na actualidade é membro do grupo de investigación GALMA. Entre os resultados da súa investigación inclúense numerosas publicacións académicas en revistas e editoriais de referencia (como Meta, Jostrans, Sintagma, Omomazéin, Cadernos de Traduçao, Çedille, Sendebar ou Peter Lang), a participación por invitación en diferentes congresos internacionais ou a creación de recursos como RERCOR. Un portal multilingüe sobre enfermidades raras, de acceso libre en liña e de utilidade tanto para a actividade tradutora como para a investigación nesta área. En relación coa transferencia xeradora de valor social é autora dun importante número de traducións biomédicas–resultado da súa colaboración con as asociacións de pacientes AFM-Téléthon (Francia) e Federación ASEM (España)– para facilitar o acceso a textos actualizados sobre enfermidades raras e contribuír a súa visibilización. Foi membro da Xunta Directiva Tremédica (Asociación Internacional de Traductores y Redactores de Medicina y Ciencias Afines) e do consello de redacción de Trans. Revista de Traductología. Forma parte de comités científicos de recoñecidas revistas de tradución. Colabora como avaliadora externa de axencias universitarias de calidade (Madri+d ou AGAUR) e de organismos de avaliación docente e investigadora.