Profesora do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo desde 2005. Doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela (2003). Presidenta da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil. As súas liñas de investigación céntranse na crítica e avaliación de tradución literaria inglés-español-galego, sobre todo no eido da literatura infantil e xuvenil, e a adaptación a Lectura sinxela para persoas con discapacidade cognitiva, campos nos que publicou numerosos traballos de investigación e participou en diversos proxectos competitivos de investigación nacionais e internacionais.
Pertence ao grupo de investigación da Uvigo «Translation, Accessibility, Literature, and Screen TALES» (selo de excelencia 2006). É revisora de artigos en varias revistas especializadas (por exemplo, MonTI, Anales Cervantinos, Perspectives, Trans, Meta, Ocnos, Intralínea).
É secretaria da revista científica Anuario de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil.