Araceli González Crespán

Profesora titular de Filoloxía Inglesa na Facultade de Comercio da Universidade de Vigo e  membro de NETEC   https://netec.webs.uvigo.es/en, un grupo investigador centrado en negociacións textuais e culturais no mundo anglófono. Completei  un Master of Arts (Universidade de Kansas) antes da doutorarme na Universidad de Salamanca (2000).

A miña actividade investigadora no teatro estadounidense contemporáneo céntrase en obras escritas por autoras e na representación das mulleres, abordando cuestións como sexualidade e xénero, multiculturalidade, migracións ou etnicidade. Regularmente asisto a congresos sobre teatro americano e teño publicacións sobre obras de Lillian Hellman, Beah Richards, Edward Albee ou María Irene Fornés en revistas académicas ou volumes editados sobre teatro. Os meus artigos máis recentes sobre María Irene Fornés son “From La Viuda to Letters from Cuba: Family correspondence in María Irene Fornés’ theater”, Revista de Estudios Norteamericanos (2023); e “Institutionalized Violence and Oppression: Ambiguity, Complicity and Resistance in El Campo and The Conduct of LifeComparative Drama (2024).

Fun responsábel do módulo Literature and Gender Perspective in English-Speaking Countries, Mestrado interuniversitario de estudos ingleses avanzados desde o seu comezo.

Como Subdirectora na Facultade de Comercio encargueime durante vinte anos dos intercambios académicos, igualdade e perspectiva de xénero, actividades culturais, e comunicación.