Ana María Pereira Rodríguez

Profesora titular do Dpto. de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidad Complutense de Madrid (1998) e Tradutora Superior Especializada en inglés polo Instituto Universitario de Lenguas Modernas y Traductores da mesma universidade. As súas liñas de investigación son a tradución de literatura infantil e xuvenil (LIX) e audiovisual (TAV), especialmente o subtitulado para persoas xordas, a audiodescrición para persoas cegas e a adaptación a lectura sinxela, campos nos que publicou numerosos traballos de investigación e participou en proxectos financiados en convocatorias competitivas de administracións europeas, nacionais, autonómicas e entidades privadas, como participante (20) ou IP (3).


É IP do grupo de investigación Translation, Accessibility, Literature, and Screen TALES (selo de excelencia 2006), colaboradora do Observatorio Galego da Accesibilidade (GALMA) e avaliadora de artigos en varias revistas especializadas (MonTI, Ailij, Anales Cervantinos, Babel, Meta, REVLES, LFE, Trans, Translation & Interpreting, Hesperia, Quaderns, Research in Corpus Linguistics, JosTrans, InTRAlinea, etc.).
Tamén e membro do comité científico da Colección de Estudios Traductológicos TIBÓN, da revista de tradución MonTI e de diversos congresos interacionais, e vogal portavoz en representación da Universidade de Vigo, en calidade de experta en accesibilidade, no comité técnico 153/SC 5 Axudas á Comunicación (AENOR-UNE) para actualizar a norma UNE 153010 (Subtitulado para personas sordas y personas con discapacidad auditiva) e a norma UNE 153020 (Audiodescripción para personas con discapacidad visual).