Ana Iglesias Pérez

Ana Iglesias Pérez é contratada predoutoral Xunta de Galicia e doutoranda no programa de Tradución e Paratradución. Pertence ao Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación (BiFeGa). Completou o Grao en Tradución e Interpretación en 2022 e posúe un Mestrado Universitario en Comercio Internacional, ambas titulacións da Universidade de Vigo. En 2023, obtivo o Premio Extraordinario de Fin de Grao da Universidade de Vigo e o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia polos seus estudos de grao. Tras defender en 2023 o seu Traballo de Fin de Mestrado con título «O papel do tradutor-intérprete no comercio internacional», decidiu continuar o camiño da investigación realizando estudos de doutoramento. A súa investigación doutoral céntrase na tradución para o comercio internacional no sector vitivinícola galego. O obxectivo principal da súa tese, en estado incipiente, é coñecer o papel, as tarefas e as ferramentas do tradutor e do intérprete na internacionalización das empresas vitivinícolas de Galicia.