Doutora en Tradución & Paratradución pola Universidade de Vigo, conta tamén co Grao en Tradución e Interpretación (UVigo), o Mestrado en Estudos en Asia Oriental con especialización en Estudos Xaponeses (Universidad de Salamanca) e o Master of Arts in Literature in English (Dalarna University, Suecia). Actualmente, é profesora axudante doutora no Departamento de Idiomas do Centro Universitario de la Defensa de Zaragoza (Academia General Militar – Universidad de Zaragoza), onde imparte clases de grao, así como docente externa do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (UVigo). As súas liñas de investigación inclúen a paratradución da relación texto-imaxe, a representación da alteridade na cultura popular e os estudos fraseolóxicos. É membro dos grupos de investigación Tradución & Paratradución TI4 (UVigo) e LediCUDe: Lengua, Discurso, Cultura y Defensa (CUD de Zaragoza), ademais de colaboradora externa de FRASEONET (USC).