Alba Martínez Fernández é graduada en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, con mención en filoloxía hispánica, pola Universidade de Vigo, onde tamén cursou o Mestrado en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas, con especialidade en linguas e literaturas oficiais. Foi recoñecida co Premio Extraordinario de Fin de Grao e o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia polos seus estudos de grao. Tras unha primeira experiencia no ensino secundario, orientou a súa traxectoria académica cara á investigación. Actualmente é doutoranda en Estudos Literarios na Universidade de Vigo e membro do grupo de investigación e-LITE (Ediciones y Estudios de Literatura Española). As súas liñas de investigación inscríbense no ámbito da literatura española dos séculos XVI e XVII, con especial atención á obra de Garcilaso de la Vega. A súa tese doutoral analiza a reescritura e pervivencia de segmentos garcilasianos en autores posteriores, desde o século XVI ata o XIX.