O pasado 30 de outubro celebrouse no Salón Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución o primeiro seminario dun ciclo destinado a reflexionar sobre os códigos subxacentes á expresión dos acontecementos que conforman a nosa memoria colectiva . Teresa Caneda organizou e moderou a sesión.
Centrada na imaxe como protagonista e coa participación da artista visual Mar Caldas e o cineasta da BBC Maurice Fitzpatrick, esta sesión explorou un amplo abano de linguaxes —desde a colaxe fotográfica e a instalación ata o cinema e o documental— que articulan as narrativas da memoria pública e privada nas súas obras.
Podes acceder á crónica publicada no DUVI na seguinte ligazón:

