Microcredencial: Introdución á Lingua de Signos Española

Nova microcredencial, dirixida por Carmen Cabeza Pereiro, membro de iLingua, que constitúe unha formación para consolidar competencias en lingua de signos española (LSE), así como adquirir nocións de natureza lingüística, sociolingüística e cultural da comunidade xorda.

Terá unha duración de 60 horas (5 ECTS) impartidas entre o 12 de xaneiro e o 20 de febreiro de 2026.

Os requisitos de matrícula son posuír unha titulación técnica superior na área de servizos comunitarios ou bacharelato (humanidades e ciencias sociais); e o nivel A2 en LSE, acreditado pola rede estatal da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) ou por formación universitaria específica.

Esta microcredencial forma parte do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” subvencionado pola Xunta de Galicia e terá unha financiación do 70% para idades comprendidas entre os 25 e os 64 anos. O alumnado pagará o 30 % do prezo correspondente.

https://cpfp.uvigo.gal/es/estudios/titulos-propios/id1240-1