Xabier Benavides da Vila

Xabier Benavides da Vila (Vigo, 1996) é mestre de Educación Primaria especialista en inglés. No curso dos estudos do grao universitario capacitante presentou o seu Traballo Fin de Grao “O tratamento das linguas na Educación Primaria dunha comunidade bilingüe. O caso galego”. Tras obter su praza na administración pública no ano 2019, decidiu continuar a súa formación lingüística cursando un Mestrado Interuniversitario en Lingüística Aplicada. Desde o ano 2020, é alumno do Programa de Doutoramento en Estudos Lingüísticos da Universidade de Vigo e compaxina o seu traballo como docente cunha dedicación parcial á súa tese de investigación sobre a implementación da variedade estándar da lingua galega a través do sistema educativo e dos medios de comunicación. Ademais da actividade descrita, participou en proxectos de investigación acerca do ensino formal do gallego ou da transmisión da lingua familiar en contextos de alta minorización.