Os meus intereses como investigadora centráronse na análise das interaccións espontáneas en castelán e galego, abordando cuestións como: a estrutura e funcións da fala cotiá, os estilos comunicativos de xénero, a fala de mulleres e homes, os acontecementos e xéneros conversacionais (chismes, queixas, narración, humor, fala “trivial”), as alternancias de lingua (galego/castelán) e, máis recentemente, os usos e funcións de vocativos e marcadores pragmáticos na conversa.