Verónica Silva Folgar

Son graduada en Linguas Estranxeiras (2024) pola Universidade de Vigo, onde tamén obtiven o Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados (2025), con especialización en lingüística inglesa. Actualmente curso estudos de doutoramento baixo a supervisión das Dras. Elena Seoane (Universidade de Vigo) e Lucía Loureiro-Porto (Universitat de les Illes Baleares). A miña investigación céntrase no estudo da variación non categórica entre that e cero como complementizadores no inglés de Xibraltar. Ademais, estou a compilar o Spoken Corpus of Gibraltar English (SGibE), un corpus de fala espontánea destinado á análise do contacto lingüístico e da variación no contexto xibraltareño. No pasado estudei casos de inserción de marcadores gramaticais españois en cláusulas do inglés de Xibraltar.

Tamén formo parte do grupo de investigación Linguistic Variation and Textual Categorisation (LVTC), do proxecto Variation in English Worldwide (ViEW), e do equipo de traballo do proxecto de investigación Morphosyntactic Variation in World Englishes: Exploring Gibraltar English in Context, para o cal compilo o SGibE.