Susana Rodríguez Barcia (Vigo, 1977) é lingüista e profesora titular no Departamento de Lingua Española da Universidade de Vigo. Obtivo o premio extraordinario de doutoramento en 2005 e o Premio de Investigación da Deputación de Pontevedra en 2007. A súa actividade investigadora, sobre a que publicou diversas monografías e artigos, céntrase na relación entre ideoloxía, discurso e sociedade dende unha perspectiva crítica co discurso hexemónico. Neste sentido, traballa nos ámbitos da glotopolítica, a ACD (xunto coa investigadora Ana Varela Suárez) e os estudos de xénero. En 2016 publicou na editorial Síntesis a Introducción a la lexicografía. Actualmente, ademáis da Lingüística Crítica, o seu traballo de investigación diríxese tamén ao estudo e tradución da tradición musical poética anglosaxoa. En 2023 publicou xunto co músico e poeta Bosco Gil de Gárate o ensaio Poética do Rock. Imaxinario lírico da cultura popular; e en 2024 publicou tamén en coautoría con Bosco Gil de Gárate unha antoloxía poética de salomas traducidas á lingua galega titulada Cantos do mar (Morgante Ed., 2024).