Siyuan Li

Son doutoranda en Lingüística na Universidade de Vigo. A miña investigación céntrase nas ideoloxías lingüísticas e na construción identitaria en contextos multilingües, con especial atención á identidade persoal e ao impacto da política lingüística familiar e de factores sociais na aprendizaxe e no uso das linguas. O meu proxecto actual estuda persoas adoptadas internacionalmente nacidas en China e criadas en España, analizando como negocian a súa relación coa lingua de nacemento na idade adulta e que factores familiares, educativos e sociais inflúen no seu reaprendizaxe. Ademais, teño experiencia docente e no deseño curricular e na elaboración de materiais de chinés para hispanofalantes.