Rosalía Rodríguez Vázquez

Profesora Titular de Universidade no departamento de Filoloxía inglesa, francesa e alemá da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Doutora (PhD) en Fonoloxía e Música pola University of Edinburgh (Escocia) e en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo.


Completou a licenciatura en Filoloxía Inglesa na Universidade de Vigo e obtivo o Título Superior de Música no Conservatorio da mesma cidade.


Traballou como investigadora posdoutoral no Centre National de la Recherche Scientifique en París e como investigadora sénior na New York University. Realizou estadías de investigación convidada polo CSIC e polas universidades de Edimburgo, París VIII, UPV/EHU, UAB e Universidade Central de Barcelona, Universidade de Lisboa, entre outras.


Ten sido convidada a dar charlas e seminarios nas universidades de Edimburgo, París 8, Pompeu Fabra de Barcelona, NYU e Harvard, entre outras.


É autora de numerosos artigos e capítulos de libro nos campos da fonética das linguas (ritmo e entoación), a conexión entre entoación, emoción e coñecemento musical, a relación entre a lingua e a música a nivel rítmico-melódico, e os elementos prosódicos na dobraxe.


Ademais, publicou o monográfico The Rhythm of Speech, Verse and Vocal Music: A New Theory (Peter Lang).


Para máis información, https://lvtc.webs.uvigo.es/people/rosalia