Pablo Vilas Santamaría é doutorando na Universidade de Vigo, onde se graduou en Linguas Estranxeiras (2017) e cursou o Mestrado en Formación do Profesorado (2018). Os seus principais intereses de investigación son a variación lingüística nas distintas variedades do inglés e o multilingüismo. A súa tese de doutoramento, dirixida por Elena Seoane (Universidade de Vigo) e Cristina Suárez-Gómez (Universitat de les Illes Balears), analiza a variación na complementación clausal do verbo ‘admit’. Ao longo do seu doutoramento, realizou estadías de investigación en universidades internacionais, incluíndo a Universität Bamberg (2021) e a Technische Universität Dortmund (2022 e 2023). É membro do grupo de investigación Variation in English Worldwide (ViEW), coordinado por Elena Seoane, e tamén forma parte do grupo Linguistic Variation and Textual Categorisation (LVTC), coordinado por Javier Pérez Guerra.