Mercedes González Vázquez

Mercedes González Vázquez é profesora contratada doutora de Lingua Galega e Portuguesa na Universidade de Vigo. Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa e Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese doutoral centrouse na modalidade e continuou traballando a modalidade, as expresións evidenciais e as estratexias de posicionamento epistémico en galego e español. Como resultado deste traballo, destacan as publicacións dos seus libros As fontes de información: Tipoloxía, Semántica e Pragmática da Evidencialidade (2006) e Da indireccionalidade á retranca: análise das características lingüísticas asociadas á imaxe estereotipada do falante galego (2023).

Participou como investigadora nos proxectos de Corpus BDS e ARTHUS (Universidade de Santiago de Compostela) e nos proxectos internacionais sobre evidencialidade “EUROEVIDMOD”, “EVIDISPRAG” e “STANCEDISC” (Universidade Complutense de Madrid). Actualmente participa no proxecto “Estratexias de posicionamiento no discurso do racismo e da inmigración: análises e aplicacións en prácticas afectivas de aprendizaxe” (RACISMMAFF) (Universidad Complutense de Madrid).

Foi profesora de español como lingua estranxeira nas universidades de Santiago, Praga, Leeds e Vigo. Tamén desempeñou o cargo de Coordinadora Académica do Instituto Cervantes de Leeds (UK).