Marta Peláez Torres

Marta Peláez é licenciada en Tradución e Interpretación. Cursou tamén o Mestrado en Lingüística e as súas Aplicacións e o Mestrado en Profesorado na especialidade de Linguas e Literaturas, e é Doutura internacional en Estudos Lingüísticos pola Universidade de Vigo. Traballa como profesora asociada no Departamento de Didácticas Especiais na Universidade de Vigo e é profesora titular no Departamento de Lingua e Literatura da Escola Universitaria de Maxisterio CEU de Vigo. A súa investigación centrouse en analizar a dimensión pragmática tanto na aprendizaxe de linguas como no desenvolvemento da linguaxe infantil dada a súa repercusión no ámbito educativo. Recentemente, está a traballar tamén na comparación dos procesos de adquisición da linguaxe na nenez e o seu deterioro en personas con demencia.