María Vila Tarela

Son licenciada en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, especializada na rama de linguas. Realicei o Mestrado de Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. Na actualidade, curso o Doutorado de Estudos Lingüísticos na mesma universidade. As miñas investigacións están centradas no nivel fonético da linguaxe. Traballei na análise sociolingüística do castelán de Galicia na área de Vigo durante o mestrado. Actualmente, estudo a compoñente fónica e as súas posibles alteracións naquelas persoas que sufren algunha enfermidade mental. Ademais, colaboro no Laboratorio de Linguaxe e Cognición nas investigacións que alí se levan a cabo.