Doutoreime en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela (2000) despois de acadar o título de Master of Arts en Literatura Comparada pola University of Southern California.
Desde 2013 son a IP do grupo de investigación NETEC https://netec.webs.uvigo.es/en
da Universidade de Vigo, adicado ao estudo das negociacións textuais e culturais das sociedades anglófonas contemporáneas. Colaboro como avaliadora externa en Literature Ireland https://www.literatureireland.com/ a axencia nacional irlandesa para a promoción da tradución da literatura de Irlanda desde 2012. En Xaneiro de 2025 fun elixida membro da xunta directiva da asociación de investigación International James Joyce Foundation https://joycefoundation.utulsa.edu/ para un periodo de seis anos.
A miña investigación como IP de NETEC desenvólvese fundamentalmente en torno a dous eixos:
1)O estudo da tradución como forma de negociación entre linguas e culturas e en relación aos contextos sociopolíticos e os marcos intelectuais nos que se insiren as prácticas traductivas. Esta liña de investigación ten sido desenvolvida mediante colaboracións con investigadores das Universidades de Porto e Queen’s University Belfast a través da organización do congreso I International Conference Atlantic Communities: Translation,Mobility,Hospitality https://tv.uvigo.es/series/5b5b5d1b8f42080432215b4c
e a publicación, entre outras, dun número especial sobre traducción na revista Atlantic Studies https://www.tandfonline.com/doi/full/10.1080/14788810.2018.1454581
2) O estudo de textos literarios e fenómenos culturais desde perspectivas transdisciplinarias que inclúen enfoques próximos á socioloxía e a sociolingüística. Esta liña de investigación estase a desenvolver na actualidade a través dos “NETEC Seminar Series on Intersectional Vulnerabilities” e cun enfoque específico no contexto cultural irlandés a través do Proxecto “‘INTRUTHS 2: Articulations of Individual and Communal Vulnerabilities in Contemporary Irish Writing” PID2020-114776GB-I00 MCIN/AEI do que son IP. Os resultados de investigación máis recentes nesta liña inclúen a organización do congreso 19th International Conference of AEDEI: Silence and Inconvenient Truths in Irish Culture and Society https://tv.uvigo.es/series/60db1e52d5e35a5917581a39
e a publicación de volumes especializados en acceso aberto como Narratives of the Unspoken in Contemporary Irish Fiction: Silences that Speak (Palgrave Macmillan 2023) https://link.springer.com/book/10.1007/978-3-031-30455-2