María Méndez Santos é Licenciada en Filoloxía Hispánica e doutora en Lingua española pola Universidade de Vigo. Posteriormente especializouse en lingüística aplicada ao ensino de linguas. Exerceu como docente e traballou como investigadora en universidades de Armenia, Romanía, Ucraína, Xapón, Irlanda e España. Así mesmo, foi profesora convidada en institucións de Islandia, Irán, Austria, Malaisia, Uzbekistán, Lituania e Francia. As súas liñas de investigación céntranse principalmente na morfoloxía do español, a sociolingüística e o ensino de idiomas. Impartiu máis de 70 conferencias e seminarios e publicou máis de 60 traballos entre libros, capítulos de libros, artigos e manuais.