Luis Alonso Bacigalupe

Luis Alonso Bacigalupe é profesor de interpretación de conferencias, consecutiva e simultánea (IS) na Universidade de Vigo dende o ano 1995 e intérprete de conferencias profesional dende 1992. A súa investigación centrouse inicialmente na aplicación do paradigma experimental á investigación sobre interpretación para comprender mellor os procesos cognitivos durante a IS. O resultado foi a formulación dun modelo de procesamento da información para a interpretación simultánea que funciona como un instrumento para a formación de futuros intérpretes. Unha segunda líña de investigación relacionada coa IS inclúe a definición e medición da calidade na interpretación simultánea e o desenvolmento de tecnoloxías e sistemas asistidos por computador para a IS. Ó longo dos últimos 10 anos desenvolveu un profundo interese polos temas relacionados coa accesibilidade como servizo para compensar os problemas de comunicación das persoas con limitacións sensoriais. Xurde de aí unha novidosa líña de investigación relacionada coa análise da calidade dos sistemas de procesamento da linguaxe automatizados, incluído o recoñecemento automático de voz e a tradución automática, fronte a sistemas humanos, como a interpretación de voz a texto ou o refalado interlingüístico para a produción de subtítulos en directo. Dende 2022 participa en diversos proxectos de investigación financiados para o desenvolvemento dun software baseado en Intelixencia Artificial para a análise automática, semiautomática e asistida de subtítulos intra e interlingüísticos en directo. O software foi presentado en xuntanzas internacionais, incluído o TEF 2022 organizado pola Comisión Europea e o congreso Languages and the Media en Hungría en 2024, e está a ser testado na actualidade por actores internacionais do mercado audiovisual, así como por organismos transnacionais europeos.