Karl Schurster

Karl Schurster é doutor en Historia Comparada pola Universidade Federal do Rio de Janeiro (UFRJ), con estadía de investigación na Freie Universität Berlin, e posúe mestrado en Historia pola Universidade Federal Rural de Pernambuco e licenciatura en Historia pola Universidade de Pernambuco. Realizou estadías posdoutorais na Universidade Livre de Berlim, na Universidade do Porto e na Universidade de Vigo. É profesor titular do Programa de Posgrao en Historia da Universidade Federal de Pernambuco (UFPE) e da Universidade de Pernambuco (UPE), así como do Programa de Doutoramento en Tradución e Paratraducción da Universidade de Vigo, e investigador do grupo Tradución & Paratraducción (TI4) da Universidade de Vigo, no marco da bolsa María Zambrano de Talento Internacional. As súas investigacións sitúanse na intersección entre historia do tempo presente, estudos sobre o Holocausto e os xenocidios contemporáneos e os estudos de tradución, cunha atención especial á paratraducción como ferramenta teórica e metodolóxica para analizar discursos, imaxes, paratextos e mediacións culturais. As súas principais liñas de investigación inclúen a paratraducción e os xenocidios, a paratraducción e o Holocausto, a paratraducción e a intelixencia artificial, a teoría e metodoloxía da paratraducción, así como a paratraducción do cómic e dos traumas colectivos. Coordina proxectos de investigación sobre memoria, migración, exilio e dereitos humanos e participa activamente en redes internacionais dedicadas á teoría da historia e aos estudos da memoria, desde unha perspectiva central da paratraducción. É investigador do Conselho Nacional de Pesquisa do Brasil (CNPq).