Juan Pablo Valverde é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Autónoma de Madrid (1986). No Instituto de Ciencias da Educación da mesma universidade cursou os estudos para a obtención do Certificado de Aptitude Pedagóxica (1987). Foi lector en Iugoslavia (1988-1989) e, desde 1989, funcionario de carreira do corpo de Profesores de Ensino Secundario, especialidade de Lingua castelá e literatura. Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados (UNED, 2003) cun traballo de investigación sobre didáctica da lingua. Asistiu a cursos Comenius / Erasmus sobre educación intercultural en Islandia e Chipre. Ao longo da súa carreira docente amosou especial interese no apoio lingüístico a alumnado inmigrante e nos programas de diversificación curricular.
O seu actual labor investigador encádrase dentro do programa de Doutoramento en Estudos literarios da Universidade de Vigo, e xira ao redor da historia e a literatura dos séculos XVI-XVII na obra xornalística de Diego San José.