José María García-Miguel Gallego

Ola, son José García-Miguel, profesor de Lingüística Xeral na Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo.


Os meus principais intereses de investigación céntranse na sintaxe e semántica das linguas. Interésame a sintaxe desde, polo menos, tres puntos de vista: primeiro, desde un punto de vista cognitivo-funcional, saber cómo contribúe a sintaxe á conceptualización da realidade; segundo, desde un punto de vista tipolóxico, cales son as diferentes estratexias que poden utilizar as linguas do mundo (incluíndo as linguas de signos) para organizar sintácticamente as ideas. En terceiro lugar, e sobre todo, interésame unha aproximación empírica á linguaxe e por iso a maior parte do meu traballo de investigación está relacionada coa compilación de bases de datos e a anotación sintáctica de corpus textuais do español e da lingua de signos española. Actualmente, gustaríame avanzar na automatización dos procesos de anotación sintáctica mellorando a calidade da análise.