Jesús Meiriño Gómez

Licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. É Máster en Tradución Institucional pola Universitat d’Alacant e Doutor pola Universidade de Vigo, onde tamén realizou o Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Na actualidade, é PDI do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, onde tamén imparte docencia no Máster en Tradución Multimedia.

Ademais, colaborou en diversos proxectos europeos centrados na accesibilidade e na literatura infantil e xuvenil. As súas liñas de investigación principais comprenden a metáfora e a tradución, a tradución de literatura infantil e xuvenil, e a lectura fácil. Participou como relator en diversos congresos, tanto en España como a nivel internacional (Reino Unido, Hong Kong, Francia e Suíza). As súas investigacións publicáronse en revistas e volumes monográficos.

É membro do grupo de investigación «Translation, Accessibility, Literature, and Screen» (TALES) e do GTiCH (Group for Teaching Innovation in Children’s Literature). Ademais, actuou como evaluador externo para as revistas «Anuario de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil» (AILIJ), «Entreculturas: Revista de Traducción y Comunicación Intercultural» e «Transfer: Revista electrónica sobre Traducción e Interculturalidad».