Elena Seoane Posse

Son catedrática de Filoloxía Inglesa e coordinadora do grupo de investigación Variation in English Worldwide (ViEW), é decir, Variación no Inglés do Mundo. Investigamos, mediante análise cualitativo e estatístico de corpus, os predictores da variación probabilística detectada en variedades do inglés faladas en territorios de Asia, África e o Caribe. Os predictores son de índole cognitiva, polo xeral derivados de procesos de adquisición de segundas linguas e de contacto de linguas, e tamén sociolingüísticos, como a área xeográfica, sexo ou idade. Factores externos como a globalización e as tendencias cara a democratización e coloquialización da linguaxe tamén xogan un papel importante nos nosos estudos. A descripción enmárcase no modelo EIF (Extra- and Intra- Territorial Forces) de Buschfeld & Kautzsch (2020).


Na actualidade centrámonos especialmente na variedade do inglés falada en Xibraltar. Por una banda, recopilamos corpus que posibiliten o seu estudo: o compoñente xibraltareño do International Corpus of English (ICE-GBR), o Corpus of Spoken Gibraltar English (SGibE) e o Corpus of Gibraltar Press (GibPress). Por outra banda, afondamos no papel que desempeñan nesta variedade os anteditos predictores da variación, con especial énfase na ecoloxía lingüística do territorio, que está a mudar aceleradamente cara ó monolingüismo en inglés, rompendo así coa súa historia e tradición multilingüe. Para explicar este último aspecto, analizamos a demografía lingüística de Xibraltar e os motivos polos que a xente nova xa non fala español nin Llanito, motivos que teñen que ver co prestixio, a discriminación lingüística, a globalización, os prexuízos, as políticas educativas e a política en xeral.