Elena de Prada Creo

Os meus intereses de investigación sitúanse no ámbito da lingüística aplicada, con especial atención ao papel da linguaxe como eixo vertebrador do desenvolvemento competencial do alumnado universitario. Desde esta perspectiva, analízase como a implementación de metodoloxías colaborativas e orientadas ao uso significativo da lingua inglesa incide de maneira directa tanto no rendemento académico como na motivación, favorecendo unha implicación máis activa no proceso de aprendizaxe e unha maior participación en diversos contextos formativos, tanto no campus como en contextos internacionais.

O compoñente lingüístico concíbese non só como unha área de estudo, senón tamén como ferramenta mediadora para a construción do coñecemento e o desenvolvemento de competencias transversais. Neste sentido, a aprendizaxe do inglés articúlase como un espazo privilexiado para o desenvolvemento da competencia comunicativa, a conciencia interculturalidade e a autonomía do alumnado. A linguaxe, por tanto, serve como un fío condutor que conecta a aprendizaxe académica con experiencias formativas máis amplas, permitindo ao alumnado estender o uso e a reflexión sobre a lingua máis aló da aula, integrando tamén recursos virtuais.

Así, o eixo vertebrador da miña investigación é a profundización na formación competencial do alumnado universitario desde un enfoque propio da lingüística aplicada, integrando áreas como o multilingüismo, a interculturalidad, a creatividade, o traballo colaborativo e o liderado. Así, a partir dunha sólida fundamentación teórica, explóranse os distintos contextos —académicos, sociais e internacionais— nos que estas competencias poden desenvolverse mediante o uso da lingua, co obxectivo de contribuír a un avance global do coñecemento que conecte investigación lingüística, innovación docente e proxección académica e profesional do alumnado.